África

Nesta páxina poderedes ver algún textos que escribín e que falan sobre cada un dos continentes, da súa cultura, relevo, hidrografía, etc...


O primeiro texto é sobre África: África é o terceiro continente máis grande despois de Asia e América posúe unha superficie de 30.272.922 km², a redor do 65% de África está no hemisferio norte e o 35% no hemisferio sur. Este continente limita co mar Mediterráneo ao norte, o océano Atlántico no oeste, co Atlántico e o Índico polo sur e co Índico e o mar Vermello polo leste. África ten unha altitude duns 600 ou 800 metros por encima do nivel do mar, o punto de máxima altitude o Pico Uhuru, no Kilimanjaro, con 5.895 metros e situado en Tanzania seguido por outros picos como o monte Kenia, o Stanley ou o Ras Dashan, todos cunha altitude duns 5.000 metros. En África poderíanse destacar varios ecosistemas como o deserto do Kalahari o de Namibia ou o do Sáhara, un dos máis extensos do mundo. Tamén se poden atopar depresións como a do Congo ou a do Chad, ademais de macizos como o de Etiopía ou o de Ahaggar e outras unidade do relevo como a Cordilleira do Atlas ou o Rift Valley cunha extensión duns 4830 kilómetros.

En África hai varias mesetas, a sudafricana que está unida a outra meseta que presenta varias depresións, que están ocupadas por grandes lagos como o lago Vitoria, o lago Tanganica ou o lago Malawi.
Algunhas das principais illas son as do arquipélago de Cabo Verde, de Zanzíbar ou por exemplo a illa de Madagascar, que é a maior illa de África. Entre todos os ríos de África podemos destacar o río Senegal, o Volta, o Níxer-Benue, o Congo, que é o río mías caudaloso, non só de África, tamén do mundo, o río Orange, o Limpopo, o Zambeze e o Nilo, un dos ríos máis longos da Terra, con 6.650 kilómetros de lonxitude.

África pódese dividir en varias zonas climáticas no norte predomina un clima mediterráneo e o desértico, xa que nesta zona está por exemplo o deserto do Sáhara, no centro do continente o clima é tropical e ecuatorial, que se caracteriza por un clima cálido e húmido. E por último no sur tamén atopamos o clima mediterráneo e o desértico, nesta zona está deserto do Kalahari. Debido a este clima podemos atopar terreos moi fértiles como por exemplo a zona onde están situados os Grandes Lagos.

A maior parte dos países de África están subdesenvolvidos, polo que o nivel de vida é peor que outros continentes como Asia ou Europa. A maioría da poboación dedícase a actividades rurais. A pobreza afecta a máis da metade da poboación, e os dez países máis pobres do mundo están en África. A súa economía aumenta debido a que outros países están interesados en recursos como o petróleo ou minerais. Por exemplo China que é un dos socios máis importantes do continente, despois de Estados Unidos e a Unión Europea, ten inversións e industrias da construción que están facendo vivendas, hospitais …

Aínda que en África é difícil calcular a poboación debido a que é un continente menos desenvolvido polo tanto os censos non son completamente exactos, podemos dicir que ten unha poboación duns aproximadamente mil millóns de habitantes que se reparten en 54 países.

A maior densidade de poboación atópase en lugares onde auga é máis accesible ou en países que están máis desenvolvidos como por exemplo Nixeria, xa que a súa economía está aumentando, o Exipto que ten cidades como o Cairo, con 8.259.461 habitantes. África tamén ten zonas totalmente ou case deshabitadas, en estas zonas están os desertos ou selvas.

África é o continente con maior taxa de natalidade, nel rexístranse aproximadamente o 25% dos nacemento de todo o mundo, pero tamén a taxa de mortalidade é moi elevada, por cada mil habitantes morren 11,8, polo que anualmente morren 12.467.000.

Debido a pobreza en África a maior parte da poboación vive con menos dun dólar ao día, 30 millóns de nenos sofren desnutrición.

Ao ter un crecemento da poboación tan rápido, hai superpoboación, e iso provoca crises de subsistencias.
Un problema moi grave é que case o 45% da poboación non ten acceso a auga potable.
 

Debido a que en África a xente non ten unha boa calidade de vida ( alimentación, sanidade, hixiene …) emigran cara outros países en busca dunha vida mellor.

Outro problema é que aproximadamente o 80% das mulleres de África non utilizan métodos anticonceptivos, o que produce un aumento da natalidade e de vítimas do SIDA, como consecuencia desta enfermidade, en África morren 2’2 millón de persoas ao ano.

Cerca dun 80% das persoas que viven en África pertencen a raza negra, e na zona comprendida entre o Trópico de Capricornio e o de Cáncer, pódese dividir en varios grupos entre os que destacan o sudanés, o nilótico, o cusita e o bantú. Neste continente tamén podemos atopar xente de orixe francesa, española, grupos de africano-portugués e africanos brancos.

En África existen unhas 1700 linguas autóctonas, pero tamén se falan outras linguas, as máis estendidas polo continente son o árabe e o francés, e entre as linguas africanas as que máis destacan son o suahili, con 90 millóns de falantes, o oromo, o hausa e o amhárico. Podemos clasificar as linguas autóctonas en varios grupos:

-Linguas afroasiáticas.

-Linguas Níxer-Congo.

-Linguas nilo-saharianas.

-Linguas khoisanas.

Na cultura africana uns dos aspectos máis importantes son a música e a danza. Tanto a música indíxena como as danzas tradicionais son transmitidas de forma oral, e son diferentes nas distintas partes do continente.

Na música africana destacan instrumentos como o laúd, a frauta, a trompeta e sobre todos os tambores, que son os máis utilizados. As danzas africanas son un importante modo de comunicación, e realízanse en numeros rituais. Os bailaríns utilizan traxes, máscaras e pinturas corporais.

 
 
 
 

 
 
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario